Profesionais na creación e coidado de xardíns e espazos naturais
Mallo Ares é unha empresa de servizos medioambientais e de xardinaría con sede operativa en Arteixo, que conta con máis de 15 anos de experiencia no sector e coa confianza de clientes particulares, administración pública, empresas e asociacións que avalan a nosa seriedade e traxectoria. Desenrola a sua actividade nas comarcas de A Coruña, As Mariñas (Arteixo, Oleiros, Culleredo, Cambre, etc.), Ferrolterra (Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, etc.) e Bergantiños (Carballo, Laracha, Ponteceso, etc. ) entre outras. A actividade da empresa enfócase en dúas áreas de traballo complementarias e co medio natural como nexo de unión.
Mallo Ares ofrece servizos medioambientais e de actividade agraria e forestal con maquinaria específica e medios técnicos adaptados ás diferentes necesidades.
Na área de xardinaría, ofertase un servizo integral dende o deseño e creación da paisaxe ata o mantemento de xardíns e zonas verdes.

Servizos medioambientais
Mantemento e conservación, mediante desbroces mecanizados e manuais de:
– Parcelas e entornos naturais
– Vías de comunicación (estradas, autoestradas, e pistas forestais)
– Sendas peonís (Roteiros e sendas fluviais e marítimas)
Outras actividades medioambientais:
– Limpeza de verquidos
– Recolección e ensilado de forraxes
– Plantacións e repoboacións forestais
Mallo Ares dispón de maquinaria especializada e adaptada en función da superficie e tipos de traballo; desbrozadora de martillos, de cadenas, biotrituradoras, etc.
Xardinaría
Deseño e proxección de xardíns e espazos verdes.
Obras de xardinaría privada e pública.
Restauración de entornos ambientais degradados.
Mantemento e conservación de xardíns e zonas verdes tanto privadas como públicas.
Mantemento e conservación de instalacións deportivas e parques infantís.